«Educación inclusiva, TDAH e dificultades de aprendizaxe: Abordaxe integral, protocolos e dereitos do alumnado»

O día 8 de marzo estaremos no Auditorio Municipal de Ribadumia falando de educación e de atención á diversidade dende unha mirada inclusiva.

A escola debe ser un espazo referente na igualdade de oportunidades e esta formación pretende ser un espazo de formación, visibilización e reivindicación dos trastornos do neurodesenvolvemento, da importancia de abordar competencias e favorecer a implementación dos protocolos establecidos pola Xunta de Galicia como medida de equidade.

Será ás 20h, unha formacion gratuita enmarcada dentro das actividades da Asociación TDAH Salnés.

Reserva a túa praza e forma parte do cambio na escola

https://docs.google.com/…/1FAIpQLSdDzxyV8xFIF9…/viewform


Comentarios

Deja un comentario