Liñas de actuación
A Asociación TDAH Salnés ten definidas tres liñas na que se engoblan os programas de actuación e servizos.
Formación
Formación específica e orientada no ámbito do TDAH dirixida a docentes, educadores, profesionais sanitarios, sociais, familiares ou afectados/as.


Actividades destinadas aos usuarios e usuarias
Intervención pedagóxica e terapéutica, tanto individual coma grupal. Apoio e reforzo educativo, técnicas de estudo. Obradoiros grupales de ocioeducativo con carácter inclusivo; para a mellora das habilidades artísticas, sociais, persoais, ecolóxicas/reciclaxe, así como defensa de valores, sen olvidarse dos intereses dos rapaces e o seu ocio.
Eventos dinamizadores e organizativos
Organizamos eventos socio dinamizadores aportando información e colaborando con outras entidades, principalmente orientado a nenos e nenas.

PROXECTOS DE TDAH SALNÉS
Servicios

Desperta a túa mente
Intervención terapéutica grupal orientada a nenos e nenas de 8 a 14 de anos.
Atender as necesidades globais dos menores con TDAH desenrolando as súas habilidades socio-emocionais e fomentando súa participación activa. Se desenrola na sede de Vilagarcía de Arousa. Proxecto financiado pola convocatoria de subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2026.

Que hai debaixo do Iceberg?
Intervención terapéutica socioemocional grupal orientada a nenos e nenas con TDAH
Atender as necesidades globais dos menores con TDAH desenrolando as súas habilidades emocionais e sociais, e fomentando a súa participación activa. Desenrolase na sede de Ribeira. Proxecto financiado pola convocatoria de subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2026.

Obradoiros Ludo-pedagóxicos
Obradoiros artísticos, ocio e pedagóxicos destinado a nenos e nenas, con TDAH e comorbilidades asociadas ou non, os que poden asistir socios e non socios da asociación.
Desenrolar e potenciar a autoestima, con coñecementos dos recursos para traballar as emocións.

Xornadas do TDAH: «Ti tamén formas parte do TDAH»
Xornadas formativas dende diferentes perspectivas e todos os ámbitos que afectan ao TDAH. Realizase unha anualmente.
Co motivo do mes europeo de sensibilización do TDAH, e coincidindo con que o 27 de Outubro, o día escollido en España para dar a coñecer as características que rodean a vida dos afectados e familias, mediante unha serie de actividades. Nestas xornadas dirixidas tanto a adultos, pais, nais e familiares de afectados, como profesionais do ámbito da educación, da sanidade, etc…e tamén para todas aquelas persoas que se interesen en coñecer o trastorno, abordanse diferentes disciplinas no TDAH, con ou sen hiperactividade, e outros trastornos asociados, dende a neuropsicoloxía, a psicoloxía e a educación.

Charlas Divulgativas
Ofertamos charlas divulgativas orientadas a familias e docentes. Dentro de esta formación, facemos unha abordaxe do TDAH, explicando en que consiste este trastorno dende a perspectiva neurolóxica, psicoloxica, pedagoxica e dende o ámbito familiar e escolar. Desta maneira informamos os diferentes aspectos, síntomas e patoloxías dende as diversas áreas do entorno dunha persoa que sofre o TDAH.

Programa Ben-estar
Destinado a adultos e familias.
Programa de obradoiros orientados a familias e adultos, para ofrecer ferramentas de benestar e terapéuticas para aplicalo na súa casa no día a día. Dentro de este programa realizase formación en reflexología, terapia ocupacional, ou grupos de apoio mutuo que xira entorno a temática de manualidades ou oficios.
