TDAH Salnés é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en xuño de 2015 ao amparo dun grupo de nais e pais afectados polo Trastorno de Déficit de Atención e/ou Hiperactividade no concello de Vilagarcía de Arousa.
A asociación ten un carácter marcadamente comarcal, xa que os seus membros pertencen as Comarcas do Salnés, Barbanza, Sar, Ulla – Umia – Deza, e o Morrazo.
Misión, Visión e Valores
A Misión da Asociación de TDAH Salnés é a de visibilizar o Trastorno de Déficit de Atención e/ou Hiperactividade, además de apoiar e fomentar a mellora de calidade de vida dos afectados por este trastorno e os seus achegados. Creando sinerxias entre os distintos ámbitos que rodean aos afectados, como pode ser o social, sanitario e educativo, contribuimos á realización de esta labor.
A nosa visión como organización de TDAH Salnés é a de crear unha comunidade formada entre profesionais de áreas como sanitarios, sociais, educativo, ocio, artísticas, pedagoxía, ect… e persoas con intereses ou formación no trastorno de déficit de atención e hiperactividade, entre os afectados polo TDAH, familiares, amigos e achegados. Partindo con esta premisa, que nosos socios teñan unha calidade de vida plena, cunha inclusión á sociedade adecuada e ben tratada. Que a organización TDAH Salnés teña unha presenza relevante dentro da sociedade do ámbito territorial de actuación e a súa aportación dentro da comunidade.
Obxectivo
A asociación TDAH Salnés ten cómo obxectivo principal a contribución na mellora das condicións de vida das personas afectadas polo trastorno do TDAH, como así tamén, a atención, axuda e defensa dos dereitos das mesmas, como o apoio ao resto dos implicados por este trastorno (profesores, familiares e resto de persoas do seu entorno).
