Con motivo do Mes Europeo de Sensibilización do TDAH, e
coincidindo con que o 26 de Outubro é o día escollido pola
gran maioría de asociacións de TDAH españolas para dar
visibilidade deste trastorno, e dar a coñecer as
características que rodean a vida dos afectados e familias,
mediante unha serie de actividades.

En atención a necesidade de moitos dos nosos socios, e
tamén veciños deste Concello e doutros limítrofes que se
inclúen dentro das Comarcas do ámbito de actuación
desta Asociación, os cales acercanse a nós de esta
patoloxía e as súas cormobilidades.

O obxectivo principal é dar a coñecer este Trastorno, con o sen hiperactividade, como un dos
trastornos do Neurodesarollo máis frecuente, pero pouco coñecido, que afecta
aproximadamente ao 5% – 7% da poboación infanto-xuvenil, e a un 2’5%-3% dos adultos, e
require dun tratamento multidisciplinar: Sanitario – Educativo – Familiar e Individual.

Nestas Xornadas, dirixidas tanto a
adultos, pais, nais e familiares de
afectados, como a profesionais do ámbito
da educación, da sanidade, etc…. e tamén
para todas aquelas persoas que se
interesan en coñecer este trastorno,
abordádanse disciplinas no TDAH, con o
sen hiperactividade, e outros trastornos
asociados: neuropsicoloxía,
psicopedagoxía, educación.

As Xornadas Anuais do TDAH levánse
a cabo dende o ano 2017, con unha
primera edición en Rianxo de éxito de
asistencia. Con esa primera edición, a
asociación TDAH Salnés foi consciente
da necesidade da formación e
visibilidade na sociedade dentro da
comarca. En cada edición, cunha
programación innovadora, fai unha
abordaxe completa tocando varios
factores do TDAH, e achegando
diferentes puntos de vista a familiares e
profesionais do sector da educación e
da saúde.