Asociación TDAH Salnés
Máis dunha década de TDAH Salnés.

A Asociación TDAH Salnés é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en xuño de 2015 ao amparo dun grupo de nais e pais afectados polo Trastorno de Déficit de Atención e/ou Hiperactividade no concello de Vilagarcía de Arousa.
Figura inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia (2018/ 022933-1ª) e conta con un marcado carácter comarcal, principalmente, xa que a súa actividade concentrase nas comarcas da provincia da Coruña (Sar, Barbanza) e Pontevedra (Salnés). Aínda que aténdese a persoas de toda a Comunidade Autonóma de Galicia que requiren os nosos servizos.
A Asociación TDAH Salnés tamén figura como Entidade Prestadora de Servizos e no rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
O noso obxectivo
A asociación ten cómo obxectivo principal a contribución na mellora das condicións de vida das persoas afectadas polo trastorno do TDAH, como así tamén, a atención, axuda e defensa dos dereitos das mesmas, como o apoio ao resto dos implicados por este trastorno (profesores, familiares e resto de persoas do seu entorno).

Nosa misión
A misión de TDAH Salnés é a de visibilizar e sensibilizar o Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade, ademáis das comorbilidades asociadas.
Nosa visión
A visión de futuro que ten TDAH Salnés é a de conseguir cubrir e atender todos os ámbitos que afectan a vida dos afectados e afectadas polo TDAH e as súas comorbilidades. A mellora dos nosos servizos e a mellora dos nosos espazos, así como ó interese de que o noso equipo crezca.
Nosos Valores
Os valores que queremos inculcar dende a Asociación TDAH Salnés son a inclusión e a integración das persoas afectadas, así como concienciar na comunidade a diversidade social existente, así como as dificultades e handicaps do TDAH e as súas comorbilidades.
EQUIPO TDAH SALNÉS
QUERES FORMAR PARTE DA NOSA EQUIPA?
Sempre estamos dispostos a recibir a novas persoas!
